15 Out A Praza Roxa de Santiago acollerá concertos e obradoiros de balde no marco da Mostra ES PopUp
Os días 17, 18 e 19 de outubro tes unha cita en Santiago de Compostela coa Mostra de Economía Social ES PopUp, que promove a Xunta de Galicia.
As actividades serán na Praza Roxa.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
XOVES, 17
17 horas. Apertura dos stands da Mostra
19 horas. Concerto SIMBIOSIS con Paulo Silva e Carlos Gil
VENRES, 18
17 horas. Contacontos Anxo Moure
18:30 horas. Obradoiro Aprende a comunicarte como os líderes, con Habla y Convence
SÁBADO, 19
12 horas. Obradoiro de fotografía: Logra as mellores fotos en redes sociais! con Ana Nieto, fotógrafa profesional.
17 horas. Obradoiro infantil: Xogando a crear, con El Desván de Yaque.
18 horas. Obradoiro infantil: Un desafío para curiosos con Ingeniu.




