A Praza Roxa de Santiago acollerá concertos e obradoiros de balde no marco da Mostra ES PopUp

A Praza Roxa de Santiago acollerá concertos e obradoiros de balde no marco da Mostra ES PopUp

Os días 17, 18 e 19 de outubro tes unha cita en Santiago de Compostela coa Mostra de Economía Social ES PopUp, que promove a Xunta de Galicia.

As actividades serán na Praza Roxa.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

XOVES, 17

17 horas. Apertura dos stands da Mostra

19 horas. Concerto SIMBIOSIS con Paulo Silva e Carlos Gil

VENRES, 18

17 horas. Contacontos Anxo Moure

18:30 horas. Obradoiro Aprende a comunicarte como os líderes, con Habla y Convence

SÁBADO, 19

12 horas. Obradoiro de fotografía: Logra as mellores fotos en redes sociais! con Ana Nieto, fotógrafa profesional.

17 horas. Obradoiro infantil: Xogando a crear, con El Desván de Yaque.

18 horas. Obradoiro infantil: Un desafío para curiosos con Ingeniu.