Éxito de afluencia na inauguración da Mostra de Economía Social ES PopUp de Santiago de Compostela

Éxito de afluencia na inauguración da Mostra de Economía Social ES PopUp de Santiago de Compostela

Gran cantidade de público visitou a Mostra de Economía Social ES PopUp, impulsada pola Xunta de Galicia en Santiago de Compostela. O evento celébrase na Praza Roxa da capital galega ata o sábado 19 de outubro.

Durante tres xornadas oito proxectos empresarias terán a oportunidade de dar a coñecer os seus produtos e servizos ó público.

Cosmética natural e alimentación, pezas de roupa ou empresas vinculadas co turismo. Estes son só algúns dos produtos e servizos que o público atopará neste espazo comercial.

Paralelamente, a Mostra de Economía Social inclúe varias actividades culturais, gratuítas e dirixidas a todo o público. Vanse impartir obradoiros de fotografía, de oratoria e intelixencia.

Proxectos participantes na Mostra de Economía Social

Aida Alonso, que realiza ilustracións personalizadas.

Amarelas, cooperativa de turismo que desenvolve experiencias no rural

EnRuedas, ofrece viaxes a medida e asistencia en viaxes a persoas de mobilidade reducida.

Milkabra, produción e venda de queixos de cabra.

Muchachicha elabora roupa interior feita a man.

Paporroibo Tés e Infusiones, proxecto adicado á venda destes produtos en diferentes formatos.

Nela Biosense, ofrece unha ampla gama de produtos de cosmética e alimentación natural.

Txoko Surf Wear, marca de roupa de surf.

Compromiso coa economía social
Coa celebración deste espazo comercial de emprendemento, a Consellería de Economía, Emprego e Industria avanza na súa aposta de apoio aos proxectos e empresas galegas de economía social.
O obxectivo de ES PopUp é crear un espazo comercial aberto, no que participen proxectos e poder atraer así un maior fluxo de persoas, achegando a economía social á cidadanía. ES PopUp enmárcase no proxecto POCTEP LACES (Laboratorios de Apoio á creación de emprego e empresas de economía social), confinanciado pola Unión Europea a través do FEDER e liderado pola Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía Emprego e Industria da la Xunta de Galicia.
A primeira experiencia de espazo comercial ES PopUp, impulsada pola devandita Consellería, celebrouse en Ourense o pasado mes de xuño. A actividade permitiulle a outros oito proxectos de economía social mellorar as súas propostas empresariais.